Historia do Escudo de Milmanda

Escudo del Pazo de Milmanda

O escudo está situado na entrada do pazo, casona ou casa tuna, tratándose da casa dun fidalgo fillo dun nobre maior,  o cal quixo deixar como marco o seu selo de orixe.

O escudo do pazo de Milmanda trátase dun escudo primitivo, o cal non posúe timbre, nin coroa nin yelmo, pero posúe un pequeno esbozo. Tratase dun escudo que non é real, o non posuír coroa, nin follas de perexil cruzadas, nin tampouco perlas. Encóntrase divido en tres partes ou cuarteis e está clisado, posúe algunhas variantes e diminucións do blasón.

No primeiro cuartel, hai 4 bastóns de peregrino, nos cales aluden a o liñaxe da familia Bello. O escudo esta transformado, porque este cuartel sole estar acompañando a una torre ou torres. Outra posible alusión pode ser o peregrinaxe a Santiago, tratándose dunha familia xudía dedicada a o comercio. A filosofía de estas familias peregrinas era “camiño, vendo e enriquézome; apóiome no bastón”. Entre os posibles liñaxes poden ser os Romero ou liñaxes de descendencia portuguesa.

O segundo cuartel, alude a familia Feijóo, sobre campo de gules, está a espada de prata con empuñadura en ouro e 6 merchantes de dobre pau, a espada apunta abaixo.

O terceiro cuartel situado na parte centro e abaixo, está formado por tres flores de lis e un castelo, o lado do castelo, unha doncela con unha chave. Tratándose dunha variación extraña, xa que non hai ningún liñaxe en Galicia de dama con chave, si en Portugal, pero con chaves. Esta modificación, pódese vincular tratándoo como que eran señores de chaves do Alcázar. Pode aludir á liñaxe dos Araúxo, moi similar a esta descrición, pero en diferentes posicións, ademais de que tamén se trata dun pazo que esta preto da fronteira portuguesa.

Alcázar Milmanda

Alcazar de Milmanda
A Pedreira s/n
32800 Celanova (Ourense)

Tel. 988109423
Mov. 687823333

Email: info@alcazarmilmanda.com

Privacidad y Tratamiento de Datos